Saturday 18 de May de 2024

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de Sigüeiro


A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades do parque empresarial de Sigüeiro en materia de infraestruturas e servizos.

Este parque empresarial opta ás axudas da Xunta para mellorar a competitividade dos polígonos industriais. En concreto, á liña específica para a mellora de infraestruturas, dotada de 3,5 M€. Xunto con esta, están en proceso de resolución a orde de apoios para a creación de viveiros industriais, con 1,5M€ de orzamento; ou a de reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais, que conta cun crédito de 4,7 M€.

Deja un comentario